Pintura Arq. Eduardo Moreira Santos, Lx (28.08.1904 - 23.04.1992)

sábado, 17 de janeiro de 2026

Galiza - Uxía, Mondra e Malvela, reinterpretam o clássico de “Pola rúa de San Pedro”

Pola rúa de San Pedro é unha composición de Magín Blanco, escrita para Malvela, que axiña se converteu nun himno popular galego. Agora, Uxía, Mondra e Malvela, coa produción de Budiño, ofrécennos unha nova versión que actualiza o seu espírito.


O videoclip, rodado na rúa de San Pedro de Compostela, rende homenaxe non só á música senón tamén a este barrio histórico: porta de entrada á cidade e lugar de acollida e resistencia comunitaria, así como berce e refuxio da comunidade LGBTIAQ+. As voces que saen polas fiestras, as persoas que aparecen na rúa e as portas que se abren para convidar á festa son a metáfora perfecta dunha Compostela viva, diversa e rebelde.

Esta versión non é só unha actualización estética, senón a celebración dunha canción que naceu para o pobo e que hoxe segue viva, reinventada entre a tradición —aqueles cantos de taberna con Morgan e Os Estalotes— e novas estéticas musicais.

Cómpre salientar a participación de Daniela de Miguel, de 8 anos, última incorporación de Malvela, que representa o relevo xeracional tan presente neste clip. In “Uxía Oficial” - Galiza


Sem comentários:

Enviar um comentário