O
tributo á vida e obra de José “Zeca” Afonso, contará coa actuación de João
Afonso
[Pingota Comunicación] O
Concello de Cedeira amplía a súa oferta cultural coa organización do primeiro
Festival de Música Galego-Portuguesa, unha iniciativa que se fai coincidir co
trixésimo aniversario da morte de José Afonso e que nace con vocación de ter
continuidade, tal e como explicou o concelleiro de Educación, Rubustiano
Labraña, durante a súa comparecencia de prensa. Da iniciativa, Labraña destacou,
alén diso, que ten un formato variabel, co fin afondar no coñecemento da música
lusa e que nesta primeira edición tamén ten o alvo de render homenaxe a un
artista “épico, único, un dos máis importantes e representativos cantautores
que houbo a nivel mundial”. O concelleiro recordou que Cedeira acolleu o único
concerto que deu Afonso en Galicia fóra das grandes cidades. Esta primeira cita
co fado, o pop e a música coral portuguesa terá lugar os días 19, 20 e 21 de
maio.
O programa inclui desde unha
exposición biográfica e musical sobre a figura de José Afonso até a actuación
ao vivo do seu herdeiro musical e sobriño, João Afonso, quen conlleu
influencias da música urbana africana e da música popular portuguesa pola
influnencia do Zeca. A sua colaboración em Maio Maduro Maio (1994), en parceria
con José Mário Branco e Amélia Muge, valeulle a atribuición do Prémio José
Afonso. En 1999 canta o tema Aquí em baixo (Azul) no disco de Uxía. En 2014
edita “Sangue Bom”, músicas de sua autoría sobre poemas de Mia Couto e de José
Eduardo Agualusa.
Os contidos darán comezo
coa inauguración da mostra, acto que será a sexta-feira 19, ás 20.00 horas, no Palacete
Municipal de Cedeira. Paulo Esperança, vicepresidente da Associação José Afonso (AJA), é o comisario dunha
exposición que estará aberta ao público quince días. Ese mesmo día, a partir
das 21.30 horas, a actividade trasladarase ao pavillón para acoller “Cedeira
canta a Zeca”, unha iniciativa do Concello para reunir a grupos locais a carón
da música portuguesa.
O sábado
día 20 haberá
unha mesa redonda no Palacete, ás 12.00 horas, e pola tarde, xa no auditorio, o
concerto que leva por título “De outra margem”, no que está incluída a
actuación de João Afonso. O festival
fechará o domingo cun novo concerto, que será ás 18.00 horas no auditorio, a
cargo do grupo de Intervenção da AJA. In “Ollaparo” - Galiza
Sem comentários:
Enviar um comentário