A
iniciativa Laces, cun orzamento de 2,9 millóns de euros, establece unha axenda
conxunta con Portugal para difundir a economía social e identificar
oportunidades de negocio en sectores emerxentes
O conselleiro de Economía,
Emprego e Industria, Francisco Conde, apostou polo fortalecemento do sector da
economía social entre Galicia e Portugal para reforzar e impulsar o tecido
empresarial desta Eurorrexión, durante a súa participación no Encontro de Cooperativas
Galicia-Norte de Portugal celebrado esta mañá en Valença. “O cooperativismo
tamén ten que estar na axenda transfronteiriza”, sinalou.
Neste sentido, avanzou que o
proxecto Laces, que conta cun orzamento global de 2,9 millóns de euros e que
está cofinanciado por Feder, é un programa de colaboración con Portugal no que
se vai establecer unha axenda conxunta para difundir as vantaxes da economía
social como marco para constituír empresas e emprego de calidade e a
Eurorrexión como territorio propicio para facelo. Ademais, ten como un dos seus
principais obxectivos identificar as oportunidades de negocio vinculadas a
sectores emerxentes.
A través deste proxecto,
desenvolveranse foros de debate, estadías de formación, bolsas de axudas e a
constitución de diferentes laboratorios para realizar proxectos de
emprendemento no eido da economía social. Deste xeito, o obxectivo é facer de
Galicia e Portugal un exemplo de cooperación territorial en Europa.Como mostra
deste compromiso, no marco do encontro, a Consellería de Economía Emprego e
Industria asinou un protocolo de colaboración coa Agrupación Europea de
Cooperación Territorial (AECT) e coa Cooperativa Antonio Sergio para a Economía
Social (Cases).
Tal e como explicou o
conselleiro, o Goberno galego leva tempo impulsando a economía social e o
cooperativismo en Galicia a través da aprobación da Lei de Economía Social, que
da voz a un sector que aglutina 7.000 entidades; coa creación da Rede Eusumo,
formada por 191 entidades para fomentar o cooperativismo; e destinando recursos
para o impulso do emprendemento colectivo -cun orzamento que este ano ascende a
5,4 millóns de euros-.
Na súa intervención, o
conselleiro expresou, en nome do todo o Goberno galego e dos seus habitantes,
as condolencias polo tráxico suceso do pasado sábado e tendeu a man da Xunta
para colaborar en todo o que poida precisar Portugal: “Ante situacións de
emerxencia como a que está a vivir Portugal, os valores de cooperación que
inspiran a Eurorrexión que conformamos cobran máis forza ca nunca”, afirmou. Xunta Galicia - Galiza
Este comentário foi removido por um gestor do blogue.
ResponderEliminar