Pintura Arq. Eduardo Moreira Santos, Lx (28.08.1904 - 23.04.1992)
Mostrar mensagens com a etiqueta Sermos Galiza. Mostrar todas as mensagens
Mostrar mensagens com a etiqueta Sermos Galiza. Mostrar todas as mensagens

terça-feira, 19 de fevereiro de 2013

Aliança



Sermos Galiza publica “O Crânio de Castelao”, um romance de 11 autores lusófonos, da Galiza ao Timor Leste.

Coordenado pelo escritor e professor Carlos Quiroga, “O Crânio de Castelao” é a trama policial criada arredor da relíquia do autor de Sempre em Galiza por Miguel Miranda e Possidónio Cachapa, de Portugal; Bernardo Ajzenberg de Brasil, Germano Almeida de Cabo Verde, Luís Cardoso do Timor e Carlos Quiroga, Xavier Queipo, Xurxo Souto, Suso de Toro, Quico Cadaval e Antón Lopo da Galiza, importantes vultos das suas literaturas que partilham dum romance policial escrito a muitas mãos numa língua comum.

Sermos Galiza oferece este folhetim por entregas ao tempo que se publica no jornal O Rascunho do Brasil e no Jornal de Letras, Artes e Ideias de Portugal. A desaparição do crânio de Castelao unirá os países da lusofonia na construção duma obra conjunta que nasceu no histórico encontro Latim em Pó que teve lugar há uma dúzia de anos em Compostela. Sermos Galiza - Galiza

sexta-feira, 30 de novembro de 2012

Rosalía


"Congreso sobre Rosalía para conmemorar o 150º aniversario de Cantares Gallegos.

Cinco xornadas entre os meses de febreiro e xuño servirán para coñecer a fondo a vida e a obra de Rosalía de Castro. En 2013 cumpriranse 150 anos da publicación en Vigo de “Cantares Gallegos”

A saída do prelo de Cantares Gallegos de Rosalía de Castro cumprirá o ano vindeiro o 150º aniversario. A saída desta obra, datada por algúns un 17 de maio, servira a Francisco Fernández del Riego a principios dos anos sesenta para propoñer o Día das Letras Galegas. Con este referente da nosa literatura o Consello da Cultura Galega (CCG) decidiu celebrar entre os meses de febreiro e xuño de 2013 un congreso dedicado a súa figura.

O anterior congreso sobre a figura de Rosalía de Castro celebrárase en 1985. Ramón Villares, presidente do CCG, explicou na presentación desta iniciativa que terá lugar o ano vindeiro que agora hai outros obxectivos. “Buscamos outras olladas”, asegurou, “procurando a vixencia de Rosalía no século XXI”. Os tempos mudan, hai máis información e máis medios. Por este motivo unha parte do Congreso será virtual, un xeito máis económico e produtivo de que participen investigadoras e investigadores de todas partes do mundo.

Despois de tantos anos desde o anterior congreso as achegas serán importantes “mais non revolucionarias”, como indica María do Cebreiro, membro da comisión organizadora. Como exemplo puxo o traballo de Victoria Álvarez Ruiz de Ojeda con nova documentación ao redor das figuras materna e paterna de Rosalía. “Achegará novas informacións”.

O Congreso celebrarase as últimas quintas de cada mes desde febreiro até xuño de 2013 de maneira presencial no propio CCG e tamén de forma virtual. Na Comisión organizadora figuran, ademais de María do Cebreiro, Rosario Álvarez, Anxo Angueira e Dolores Vilavedra." Sermos Galiza - Galiza