Pintura Arq. Eduardo Moreira Santos, Lx (28.08.1904 - 23.04.1992)

domingo, 13 de janeiro de 2019

Galiza - As Academias Galega e Brasileira asinan “estreitar lazos entre linguas irmás”

“Na Real Academia Galega hai conciencia de que a lingua galega forma parte dunha familia onde están os irmáns de Portugal, Brasil, Angola, Cabo Verde, Mozambique. O galego forma parte dese proxecto internacional”. Con esta clareza saudou Víctor Freixanes, presidente da RAG, o acordo asinado co seu homólogo brasileiro, Marco Lucchesi



As Academias Galega e Brasileira das Letras rubricaron esta quinta feira un protocolo “para estreitar os lazos entre as dúas linguas irmás e o potencial da lusofonía”. “Abrimos as portas a potenciaren o intercambio de investigacións e manifestamos o interese de levaren a cabo outros proxectos de colaboración en distintos eidos”, expuxo a Academia Galega nun comunicado posterior á comparecencia conxunta de ambos os dous presidentes.

“Queremos estreitar a relación entre a área cultural lingüística brasileira e galega”, sinalou Víctor Freixanes. O documento presentado na sede da coruñesa rúa Tabernas servirá, segundo indica a institución galega, para “afondar en proxectos compartidos, unha liña na que xa traballan desde hai tempo membros da RAG desde os seus respectivos eidos”.

Marco Lucchesi, presidente da Academia Brasileira das Letras, cualificou o acto de “histórico”. “Non podemos perder a raíz, porque se a perdemos, perderemos a tentativa de inscribirnos nunha comunidade de destino”, afirmou, “e a nosa comunidade de destino non é unha comunidade imperial, é unha comunidade que pasa polas linguas que nos pronunciaron”.

Lucchesi non deixou de se preonunciar sobre a política actual do seu país. “A cultura é o último bastión da república do Brasil e da democracia”, concluíu. In “Sermos Galiza” - Galiza

Sem comentários:

Enviar um comentário